Friday 17 de May de 2024

O Concello de Touro entrega unha cantimplora infantil a cada un dos 250 nenos e nenas do CPI Fonte Díaz para seguir loitando contra a Covid19


O Concello de Touro entregou esta semana, e antes do remate das aulas, unha cantimplora infantil a cada un dos 250 nenos e nenas que cursan estudos no CPI Fonte Díaz. Adela Iglesias, concelleira de Cultura, Deportes e Educación, foi a encargada de entregar o agasallo ao alumnado do centro educativo público. A directora do CPI Fonte Díaz, Carme Rendo, agradeceu a entrega da cantimplora, no que figura o seguinte lema: “Concello de Touro. No camiño da igualdade”. O Concello de Touro pretende, con este agasallo, que cada neno e nena teña a súa propia cantimplora neste verán para beber auga e evitar así compartir botellas entre os máis pequenos a través das que se podería contaxiar a Covid19. “Cada neno e nena de Touro terá a súa propia cantimplora ou botella de alumnino para auga e poderá facer uso dela no seu tempo de lecer durante este verán”, destacou a Concelleira de Cultura, Deportes e Educación. O Concello de Touro, que xa entregou máscaras aos nenos do colexio público, reafirma o seu compromiso para velar pola seguridade sanitaria dos máis pequenos na loita contra a Covid19. Asemade, o Concello de Touro agradece o compromiso de toda a súa poboación na loita contra o coronavirus e aconsella seguir tendo presentes as recomendacións sanitarias para a loita contra a Covid19.